- Editorial:
- EDICIÓNS NIGRA TREA
- Año de edición:
- 2014
- ISBN:
- 978-84-15078-35-7
- Páginas:
- 200
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
«ERA UNHA VEZ...» A LITERATURA FOLCLÓRICA INFANTIL
A LITERATURA FOLCLÓRICA INFANTIL
O folclore infantil está composto por un sistema organizado de actividades lúdicas e tradicionais realizadas polos nenos, ou en función dos mesmos, desde o seu nacemento ata a súa integración, de maiores, no mundo dos adultos.
Cada unhas das actividades que compoñen o folclore infantil non son independentes entre si; son coma pezas dun puzzle que encaixan unhas nas outras configurando unha paisaxe educativa na que se pode distinguir claramente a súa función madurativa e integradora, organizada por medio da palabra oral e sistematizada, tal como se amosa neste libro, en:
A palabra sentimento.
A palabra-xoguete.
A palabra-acción.
A palabra-pensamento.
A palabra-experiencia.
De aí se deduce a importancia do folclore infantil, sobre todo da parte literaria, como elemento cultural e como medio educativo e integrador.