- Editorial:
- EDICIÓNS EMBORA
- Año de edición:
- 2020
- ISBN:
- 978-84-17824-25-9
- Páginas:
- 120
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Narrativa
ESCA
PIÑEIRO, ANTONIO
O Grove, 1929. A tempada de verán toca ao seu fin. Un grupo de rapaces asiste a un suceso que alterou o descanso dos ricos veraneantes na vila. Un achado e unha rebuldaina veñen da parte do Gran Hotel da Toxa. Don Sadurní, rendeiro e investidor
catalán, observa canda eles o acontecer.
A tarde e o rutineiro lecer do balneario van entrando nunha espiral de tensión, mentres se agarda pola chegada dunha autoridade de Santiago de Compostela. Algo pende, sobre a atmosfera do lugar, que semella tamén ter que ver coas follas do xornal que o rendeiro non deixa de suxeitar. Só ao descubrir a orixe do achado don Sadurní acada a revelación do que está a piques de suceder: algo que mudará de sócato a súa vida, a dos raparigos do Grove e mesmo a Historia do Mundo.