
- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Año de edición:
- 2022
- ISBN:
- 978-84-9151-782-5
- Páginas:
- 148
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN. VIDA E OBRA DUN POETA VALDEORRÉS REPUBLICANO E GALE
GURRIARÁN, RICARDO
Prólogo de Xesús Alonso Montero
A incipiente carreira poética de Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo, Vilamartín de Valdeorras, 23-VIII-1903 Fair Oaks, California, 14-V-1987) viuse truncada pola Guerra Civil e a mutilación das liberdades polas que tanto loitara: Xoguei, perdín, calei e marchei. Marchou, pero non calou.
Tras integrarse no exército republicano e facer un importante labor en Francia axudando a resolver o destino de milleiros de galegos exiliados, tamén colleu o camiño do exilio mexicano, onde refixo unha vida non exenta de dificultades e compromiso coas liberdades e coa loita contra a ditadura franquista, á vez que mantivo unha postura coherente e non volveu á súa terra ata que as condicións llo permitiron sen ter que agachar a cabeza.
En Florencio Delgado Gurriarán. Vida e obra dun poeta valdeorrés republicano e galeguista, Ricardo Gurriarán ofrécenos un minucioso percorrido pola vida e obra do noso poeta, non exenta de calidade literaria e defensa ideolóxica. A síntese da vida dun poeta valdeorrés, moderno e cosmopolita.