- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Año de edición:
- 2022
- ISBN:
- 978-84-9151-966-9
- Páginas:
- 252
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Letras galegas
FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, UN LOITADOR POLA IDEA DE GALICIA
VILLANUEVA GESTEIRA, MALORES
Malores Villanueva achéganos nesta biografía, froito de horas de conversas, a vida e a obra de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado co Día das Letras Galegas de 2023, sesenta anos despois de que el mesmo propuxese á RAG o 17 de maio como data para esta festividade da cultura galega.
Nacionalista de corazón e de razón, mantivo unha trax¬xectoria firme, sen traizoar nunca os seus ideais. Membro do Partido Galeguista e do Seminario de Estudos Galegos, activista universitario, fundador de Editorial Galaxia, codirector da revista Grial, director da Fundación Penzol, presidente da Real Academia Galega, tradutor, editor e articulista incansable, son algunhas das innumerables facetas de quen se definía como un optimista radical.
Velaquí, con ese espírito, o retrato de quen queimou a vida na construción dunha Galicia dona de seu.