- Editorial:
- RODEIRA (GRUPO EDEBE)
- Año de edición:
- 2016
- Materia
- Xuvenil
- ISBN:
- 978-84-8349-505-6
- Páginas:
- 224
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Periscopio
FUXE SEN MIRAR PARA ATRÁS
LEANTE, LUIS
O coche foi gañando velocidade e empezou unha aventura que nunca pensei que ía vivir con quince anos. Cando vas a cen quilómetros por hora dentro dun coche, paréceche que o que se move é o mundo de fóra e non ti. Pero, cando vas a cento vinte sen cristais porque alguén os escachou dun tiro, vas coma se te guindases en paracaídas desde a estratosfera e sen botellas de osíxeno. Non é vertixe, nin mareo, nin pánico, nin dor, é todo xunto multiplicado por mil. Non che sabería dicir a velocidade á que iamos, pero asegúroche que me pareceu que estabamos a piques de superar a barreira do son. O aire atravesaba o vehículo coma un furacán. Por un momento pensei que a forza do vendaval me ía sacar do asento e me ía guindar polo oco da fiestra de atrás. «Lembra, cando se foxe, non hai que mirar cara a atrás», dixérame Héitor.