- Editorial:
- CANELA PRODUCIÓNS, EDITORIAL ETNOGRÁFICA
- Año de edición:
- 2024
- Materia
- Fotografía
- ISBN:
- 978-84-09-63491-0
- Páginas:
- 204
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Imaxes dun País
HOMES E MULLERES DE SAL E FERRO
PERCEBEIROS DA COSTA DA MORTE
BÚA, XESÚS
O fotógrafo muxián Xesús Búa retratou desde hai moitos anos os percebeiros das cofrarías de pescadores de Camelle, en Camariñas, e <> de Muxía mariscando nas pedras das Lobeiras, Punta da Barca, Punta da Buitra, cabo Touriñán...
A través da historia gráfica que nos propón neste libro, o autor describe a xornada completa de traballo destes percebeiros da Costa da Morte, desde que almorzan na casa, baixan ao mar e saltan ás pedras para centrarse na loita coas ondas ata rematar coa escolla do produto cando volven á terra. Ademais, repartidos por entre o relato, inclúe numerosos retratos dos protagonistas.
Son imaxes potentes de homes e mulleres poderosas, curtidas polo sal, recias e fortes, física e psiquicamente, duras coma o ferro ben afiado da súa rasqueta, que se achegan aos perigosos e batidos riscos e pedras onde recollen exquisito manxar co que o Atlántico nos agasallla e que, en condicións moi duras e arriscadas, apañan eles para gañarse a vida.
O relato visual vai acompñado de textos e poemas de sete autores desta Costa da Morte que, chea de enorme beleza, tamén é costa de vida.