0
IRIBARNE

IRIBARNE

F. CARRODEGUAS, STHER

15,00 €
IVA incluido
En stock
Editorial:
EDICIÓNS POSITIVAS
Año de edición:
2024
ISBN:
978-84-128055-1-2
Páginas:
256
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Diteatro
15,00 €
IVA incluido
En stock
Añadir a favoritos

Iribarne é un tipo nado na mesmísima vila de Rouco Varela (si: o cardeal) durante a Monarquía de Alfonso XIII (o primeiro promotor do cine porno en España?, si-si: ese). Emigrado a Cuba con tan só dous aniños –coincidindo coa inauguración da ditadura de Primo de Rivera–, e tras facer as Américas durante un par de anos o noso protagonista volve triunfante para ser o fillo do alcalde (e o da francesa!). Empeza o bacharelato coa entrada da II República, case-case se fai cura durante a Guerra Civil pero decide liscar a Madrid –seguindo o rastro doutro galego ilustre– nada máis inaugurada a Era do Devandito (si, claro: O Caudillísimo). Con tanto afán tentou ser como el que máis pronto que tarde chegou a ser Ministro no seu mandato, a pesar de ter disparado dous días antes contra o cu da súa filla (pero que dis!? Si-si: dato real!). Sendo o primeiro e mellor opositor de España, quixo substituír ao Caudillo cando este morreu. Non puido ser: non ía por oposición. Tivo que conformarse co cargo de Vicerrei na súa querida Terra Galega.
Iribarne é unha investigación escénica sobre unha desas figuras absolutamente imprescindibles do noso pasado recente. Un intento (irreverente) por comprender como chegamos até aquí da man dun político que, nas súas propias palabras, dicía as verdades sen condón. Pero ollo: por máis que o poida parecer, isto NON é un biopic sobre Manuel Fraga. Teríanos encantado facelo… pero non collía nunha soa obra!

(Tirado de https://butacazero.com/espectaculos/iribarne/)

Artículos relacionados

  • JOSÉ RAMÓN GONZÁLEZ PÉREZ
    JOSÉ RAMÓN GONZÁLEZ PÉREZ
    NORBERTO PABLO CIRIO
    ¿Pode un home transformarse en música? Este libro narra a novelesca vida de José Ramón González Pérez (1913-2007).Nacido en Cuba, pastor nos Ancares galegos e un destacado membro dunha estirpe de músicos documentada desde comezos do s. XIX, a dos Gaiteiros do Bodego . “Fuxido” pola súa lealdade á República durante a Guerra Civil, “recrutado forzoso” ás ordes de fascistas e nazi...
    En stock

    20,00 €

  • O SENTIDO DO ABRAIO
    O SENTIDO DO ABRAIO
    CARSON, RACHEL
    A celebración da natureza para persoas de todas as idades.Xuntando dúas das cinco liñas editoriais de Catro Ventos, ecoloxía e educación alternativa, publicamos en galego este ensaio da escritora e bióloga mariña Rachel Carson (1907-1964), autora de obras fundamentais para o ecoloxismo moderno como Primavera silenciosa (1962).Na publicación orixinal na revista Women’s Home Comp...
    En stock

    17,00 €

  • ACTOS HUMANOS
    ACTOS HUMANOS
    HAN KANG
    PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2024 «Hay que leer la tremenda Actos humanos [...] Una mirada casi imperturbable hacia el horror, la sangre y la crueldad desplegada institucionalmente».Elena Hevia, El Periódico Mayo de 1980. La ciudad de Gwangju se moviliza contra la dictadura militar de Chun Doo-hwan, que hace unos meses tomó el poder en Corea del Sur. La oposición civil, liderada ...
    En stock

    21,90 €

  • A TOPONIMIA DOS CELTAS BRIGANTINOS E DOUTROS POBOS
    A TOPONIMIA DOS CELTAS BRIGANTINOS E DOUTROS POBOS
    CABEZA QUILES, FERNANDO
    Obra de investigación predominantemente filolóxica, desentraña os arcanos da toponimia máis antiga e escura dos "brigantinos", sen esquecer as pegadas toponímicas deixadas por outros pobos celtas que viviron e laboraron na antiga Gallaecia. O presente volume ofrece porpostas toponímicas novidosas, ata o de agora inéditas, e porfía en exhumar un período da historia de Galicia po...
    En stock

    20,00 €

  • IMPOSIBLE DECIR ADIÓS
    IMPOSIBLE DECIR ADIÓS
    HAN KANG
    LA NUEVA NOVELA DE HAN KANGPREMIO NOBEL DE LITERATURA 2024PREMIO MÉDICIS ÉTRANGER 2023 «Una novela inquietantemente bella sobre la imposibilidad de despertar de la pesadilla histórica. Inolvidable».Hernán Díaz Una gélida mañana de finales de diciembre, Gyeongha recibe un inesperado mensaje de su amiga Inseon: después de sufrir un accidente en su taller de carpintería en la isla...
    En stock

    21,90 €

  • ALFONSO ZULUETA. UNHA HUMANIDADE VIVIDA
    ALFONSO ZULUETA. UNHA HUMANIDADE VIVIDA
    AUTORES VARIOS
    Alfonso Zulueta de Haz (1924-2017) foi home de fondas conviccións e compromisos. Neste libro recóllense testemuños de persoas que o acompañaron por distintas etapas dunha vida marcada polas preocupacións políticas, sociais e culturais, eidos en que desenvolveu unha intensa actividade. Desde o Cineclub e o Ateneo de Pontevedra ata a creación, xunto coa súa dona, María Teresa Fer...
    En stock

    22,00 €

Otros libros del autor

  • 32M2
    32M2
    F. CARRODEGUAS, STHER
    Mar e Xan son unha parella fóra do común, coma todas. Viven tan tranquilamente no seu pisiño de 32m2. A vida pasa e o mundo xira, volta e volta, coma un filete. Pero un día, o mundo esmendréllase. O que era unha Nación convértese nunha HiberNación e hai que facer todo o que di Simón. Mar non recoñece a súa vida. Xan non recoñece a súa parella. O mundo redúcese a catro paredes. ...
    En stock

    5,00 €

  • REPÚBLICA SIDERAL
    REPÚBLICA SIDERAL
    F. CARRODEGUAS, STHER
    Obra gañadora da XIV edición do premio Barriga Verde (2020) de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos). Co-edición con Agadic.O xurado destacou o humor deste texto e a boa caracterización dos personaxes, así como a potencialidade escénica e a súa adecuación á modalidade do premio, cunha estrutura sólida, dinámicas moi áxiles –con concreción dos obxectos empregado...
    Disponible en 1 semana

    7,00 €

  • MALCRIADA
    MALCRIADA
    F. CARRODEGUAS, STHER
    Disponible en 1 semana

    10,00 €