- Editorial:
- EDICIÓN DO AUTOR
- Año de edición:
- 2020
- ISBN:
- 978-84-09-22416-6
- Páginas:
- 200
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- SIN COLECCION
LOLA, FILLA DE CANGAS
BERNÁRDEZ RODAL, ASUN
Ao longo destas trinta e unha historias comprendidas entre os anos 1925 e 1941 . Lola Rodal Blanco lembra a súa infancia e a súa xuventude en Cangas , unha das vila mariñeiras galegas máis relevantes deste período histórico debido ao seu potente movemento obreiro ao redor da pesca , do sector conserveiro e da salgadura . Este relato enfiouse a partir dos materiais orais nos que esta filla de Cangas deixou contado todo o que recordaba daqueles tempos tan complicados tanto para ela como para a sús familia , pois todos eles , implicados directamente na loita social e política , acabarían por sufrir a dura represión que supuxo o levantamento militar e a posterior ditadura de Franco . Ademais da voz de Lola , estas lembranzas mestúranse coa propia memoria familiar e vital da autora do libro . Os personaxes que aparecen neste texto existiron na vida real e son nomeados cos seus verdadeiros nomes e apelidos , con vontade de rescatalos do esquecemento da Historia . Con esta novela Asun Bernárdez Rodal recupera a voz dunha de tantas mulleres que viviron a represión e fai xustiza á Memoria Histórica .