- Editorial:
- EDITORIAL TOXOSOUTOS, S.L.
- Año de edición:
- 2022
- ISBN:
- 978-84-124910-0-5
- Páginas:
- 172
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
LOLA TOUZA, A SCHINDLER GALEGA
PIÑEIRO, VICENTE
Nesta novela , Vicente Piñeiro pon a súa escrita e as paixçóns de papel para relatar a historia de Lola Touza , "Xusta entre as Nacións " e considerada a Schindler galega , que rexentaba o quiosco da estación de Ribadavia ( Ourense ) e , entre 1941 e 1945 , decidiu axudar a súa fuxida a máis de 500 xudeus dunha morte segura , en mans dos nazis , colaborando cunha das redes clandestinas de fuga de xudeus máis importante de Europa , que empezaba nos Pirineos por Xirona, facía escala en Medina del Campo e chegaba até Ribadavia , tramo decisivo dende o que as Irmáns Touza arriscaban as súas vidas para atendelos e facilitarllesw o paso cara a Portugal . Axudáronas dous taxistas chamados José Rocha e Javier Mínguez " o Caveira " , un barqueiro de nome Ramón Estévez e un emigrante retornado , Ricardo Pérez , " o Evanxelista " , que facía de intérprete .
Nun outeiro de Xerusalén , hai unha árbore plantada polo Centro Simón Peres pola Paz , en honor de Lola Touza e súas irmás ( As de Ribadavia )