- Editorial:
- OQO EDITORA
- Año de edición:
- 2017
- Materia
- Primeiros lectores, de 5 a 7 anos
- ISBN:
- 978-84-9871-548-4
- Páginas:
- 36
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Colección QSon
MAIS CONTOS EN CANTOS
NOVA GRAVACIÓN CON CAMBIO DE MÚSICOS, ESTUDO DE GRAVACIÓN...
JANEIRO, ALMUDENA
Os contos ábrennos os ollos, axúdanos a comprender mellor o mundo que nos rodea,
transpórtannos a outras realidades e permíten que viaxemos a outros países... sen saírmos da
casa!
A escolma de contos populares e de autor baseada no fondo editorial de OQO, ábrenos tamén
as orellas. A nova achega Máis contos en cantos mestura literatura, imaxe e estilos musicais
diversos para que cativos, e non tan cativos, gocen da lectura, do son e da estética.
Os lectores poderán cantar e bailar ao son do reggae con A Máscara do león, do rock con
Carabuñas, da rumba con Picurruchos, da polca con Maruxa ou atreverse cun corrido mexicano
con A voda de Galo Pinto.
Se achegaran a música tradicional portuguesa da man a avoíña protagonista de Corre, corre
cabaciña e, con A figueira de Pelostortos, atoparán a música de terror. Viaxaran con Chocolata
á cidade para visitar os baños, mais farano cantando. Faranse amigos de Tartaruga, unha das
protagonistas de A mellor sopa do mundo, e coñecerán os animais do bosque que se acubillan
na súa casa. A canción acumulativa de A princesa do Caurel permitiralles memorizar facilmente
a letra e, se cadra, inventar unha danza para completala.
Páxina a páxina, a voz de Almudena Janeiro levará os lectores a unha nova canción
acompañada polas imaxes dos contos orixinais.
O paxariño da cuberta, creado por Borja Guerrero, convida os lectores a mergullarse neste libro-
CD cheo de melodías e imaxes para gozar, ao tempo, dos sons e da lectura.
Contos a pedir de orella!