- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Año de edición:
- 2017
- ISBN:
- 978-84-9121-188-4
- Páginas:
- 304
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- CRONICA
MANUEL ANTONIO. UNHA VIDA EN REBELDÍA
UNHA VIDA EN REBELDÍA
AXEITOS AGRELO, XOSÉ LUÍS
Manuel Antonio embarcou en 1926 no Constantino Candeira para navegar a vela os douscentos días de mar preceptivos na procura dun medio de vida. E desembarcou ao ano seguinte, sen traballo pero consagrado como poeta. Esa foi a consecuencia lóxica da súa firme vontade de querer ser escritor, un anhelo que atravesou e anoou a vida e a obra do rianxeiro.
O título desta biografía quere ser metáfora dun camiño de risco ?a rebeldía? para ir na procura da maior liberdade posible: Manuel Antonio elixe unha opción política minoritaria ?o nacionalismo das Irmandades? cando a tradición familiar lle podería reservar un lugar de privilexio nas ringleiras dos poderosos partidos «turnantes». E aspira, perigosamente, a un lector laborioso e esforzado intelectualmente, porque deste xeito poderá ofrecerlle textos onde non falten as dificultades e os procedementos experimentais ?léxicos, rítmicos, gráficos e tipográficos? que un escritor ambicioso poida propoñer. Deste xeito, liberado da crítica e do lector tradicional instalado na estética dominante, Manuel Antonio camiña sen reservas polo vieiro experimental e innovador. En liberdade