- Editorial:
- CANELA PRODUCIÓNS, EDITORIAL ETNOGRÁFICA
- Año de edición:
- 2021
- Materia
- Música
- ISBN:
- 978-84-09-30344-1
- Páginas:
- 200
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Tradición oral / Etnografía
MANUEL FERNÁNDEZ DÍAZ
MANUEL DO JUANO
ROMERO COPO, BIEITO
Manuel Fernández Díaz, Manuel do Juano, é (xunto con Desiderio Sampayo, Constante Fernández e Modesto Arias) un dos derradeiros gaiteiros do que chamaríamos a vella xeración de músicos da montaña nas terras de Fonsagrada, depositario do importante repertorio e a técnica dun territorio rico en grandes intérpretes que se foron indo rapidamente nos últimos tempos.
No libro coñecerás a súa biografía e a dos outros dous compañeiros: Antón de Paradiñas e Dositeo do Fito, así como a das persoas que o influiron musicalmente e lle aportaron temas, as súas fontes musicais. Analízase a técnica, o estilo e o repertorio de Manuel. E para contextualizar o tempo e as situacións nas que tiña a oportunidade de mostrar as súas aptitudes musicais, relátase como eran as festas e as xuntanzas de socialización ao longo do ano. Por iso encontrarás aquí sinxelas descricións das mallegas, dos roxois, da esfollada, dos instrumentos dos nenos-pastores, do Entroido, o magosto, as vodas e o costume de repartir o cantelo
para evitar o seu esquecemento e para reactivar, no lector e na comunidade veciñal, a valoración polo patrimonio local herdado dos devanceiros.
Unha obra, en definitiva, que se torna indispensable para as persoas que aman a música tradicional e, especialmente, aos antigos gaiteiros con toda a cultura que representan.
O libro vai acompañado dun CD con 26 temas interpretados maxistralmente (como se poderá apreciar) polos últimos membros do grupo Amigos da Gaita: Manuel (gaita), Dositeo (tamboril) e Antón (bombo).
Dentro da lapela da portada contén un mapa despregable do concello da Fonsagrada, de 420 x 594 mm, deseñado exclusivamente para esta publicación.