- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Año de edición:
- 2020
- ISBN:
- 978-84-9151-618-7
- Páginas:
- 180
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Letras galegas
MANUEL GARCÍA BARROS. VIDA, OBRA E PENSAMENTO
LOUREIRO, CARLOS
Escritor de agudo enxeño e gran coñecedor da alma do pobo galego e das súas necesidades, Manuel García Barros (Berres, A Estrada, 1876 -Callobre,
A Estrada, 1972), de humilde orixe labrega, exerceu o maxisterio e o xornalismo, desde onde defendeu con teimosía o seu ideario agrarista, anticaciquil e galeguista, que foi silenciado tras a Guerra Civil, sendo ao longo da súa dilatada vida un loitador incansable a favor da cultura e da lingua galegas, e exemplo de coherencia cívica e profundo sentimento democrático.
Velaquí o retrato dun home exemplo de galeguidade, honestidade e bonhomía (Ben-Cho-Shey), e que coa súa palabra e a súa obra traballou sempre a prol de Galicia.