- Editorial:
- EDICIÓN DO AUTOR
- Año de edición:
- 2018
- ISBN:
- 978-84-939599-3-7
- Páginas:
- 200
MATRIARCAS
MULLERES EN PE DE VIDA
FAJARDO, MONTSE
" Matriarcas " recolle os testemuños de dez mulleres de distintos puntos de Galicia que , contando a súa vida , destripan a realidade do matriarcado que sostiña a sociedade galega da posguerra . As súas verbas achégannos lembranzas doutros personaxes , memoria viva da Galicia da metade do século pasado , doutras paisaxes , doutros costumes e mesmo de fitos históricos que elas lembran en primeira persoa . As dez son moi distintas entre elas , mais úneas un nexo común : a teima con que sacaron adiante o seu traballo e as súas familias a pesar dos avatares que lles tiña deparado o destino . Na maioría dos casos non son as máis significadas da súa época pero sen dúbida son moi representativas desas mulleres que sustentaron a matrialcal sociedade galega , das grandes esquecidas do seu tempo ás que este libro pretende dar voz .