- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Año de edición:
- 2020
- ISBN:
- 978-84-1343-000-3
- Páginas:
- 128
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Libros para soñar
MEDIO PAN E UN LIBRO
GARCIA LORCA, FEDERICO
Unha biblioteca que é unha reuniónde libros agrupados e seleccionados, que é unha voz contra a ignorancia; unha luz perenne contra a escuridade. Ninguén se dá conta, ao ter un libro nas mans, doesforzo, a dor, a vixilia, o sangue que custou. O libro é, sen lugar a dúbidas, a obra maior da humanidade...
En setembro de 1931 Federico García Lorca inaugurou a biblioteca do seu pobo natal, Fuente Vaqueros, cun emocionante discurso de eloxio ao libro e á lectura como fontede coñecemento contra a ignorancia, como alimento espiritual máis aló das necesidades vitais, como horizonte de liberación individual e colectiva fronte á opresión do sistema económico e político, como fiestra aberta á cultura... Lorca refírese aol ibro como a maior obra da humanidade e formula un repaso cronolóxico dende os seus precedentes en pedra ata as publicacións actuais en papel, pasando pola invención da imprenta, que califica de revolución das almas.
As súas palabras son unha homenaxe ás bibliotecas pola importante función social que desempeñan, incrementando o nivel cultural da comunidade. Por iso lamenta que a barbarie das guerras arrasara tantas bibliotecas ao longo dos séculos. As mestras e mestres tamén están presentes na súa intervención para que lles inculquen o pracer da lectura aos máis cativos, ademais de animar os maiores a nutrirse de lecturas de todas astendencias e ideas, amosándose partidario da pluralidade.
Esta edición especial de «Medio pan yun libro», con traduciónsen galego, català e éuscaro, é un recoñecemento á calidade literariae intelectual dun texto con plena vixencia na actualidade, escrito coa paixón e coa convicción de quen foi e segue sendo unha figura fundamentalna nosa historia recente. O seu carácte ralegre e xovial contáxiase nesta inspiradora conferencia que invoca o poder transformador dos libros.
Libros! Libros! Velaquí unha palabra máxica que equivale a dicir: «amor, amor», e que deberían os pobos pedir como piden pan ou como arelan a chuvia para a semente.