- Editorial:
- MEDULIA EDITORIAL
- Año de edición:
- 2024
- ISBN:
- 978-84-10324-44-2
- Páginas:
- 188
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
NA REPUBLICA DA CASCARILLA
PAZ SOUTO, FUCO
Non hai moito, escoitei a unha caboverdense dicir que: gostaría de ter uns brazos infinitamente longos para poder abrazar a todos os galegos e galegas. Con esta hipérbole tan bonita estaba amosando o seu agradecemento á veciñanza de Burela, por tela acollida con tanto cariño cando arribou, na compaña do seu home, á Mariña luguesa.
Fago miña esta hipérbole dunha caboverdense anónima para amosar o meu agradecemento ao barrio no que nacín, no que me criei, e no que fun feliz.
Os Muíños era un barrio abrazado polo río de Monelos que esmorecía no golfo ártabro entregando as súas augas dóces á mar océana. O río, ademais das augas dóces, entregaba tamén un feixe inmorredoiro a modo de legado-, no que se incluían historias irrepetíbeis de xogos, de amor, de amizade, de leas, zarapalladas, marañas
, e unha infinita suma de recordos, que cada un dos que habitamos o barrio sabemos que nos acompañarán para sempre.
Na República da Cascarilla conviven coa Narrativa, outros subxéneros pertencentes á arte de relatar: Reportaxe, Crónica, Memoria, Autobiografía, e mesmo narracións propias dos Libros de Viaxes.
Deixo nas vosas mans unha obra para vos mergullar en mundos pretéritos, que a modo de Odisea han facer que viaxedes por ríos e mares literarios creados no voso maxín e, de certo, polos que navegastes cando erades adolescentes. Fuco Paz Souto