
- Editorial:
- BAIA EDICIONS
- Año de edición:
- 2023
- Materia
- Lectores avezados, de 13 endiante
- ISBN:
- 978-84-9995-428-8
- Páginas:
- 44
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- BARRIGA VERDE
NAS NUBES
BAÑOS DE COS, JOSÉ LUÍS
Obra gañadora da XV edición do premio Barriga Verde (2022) de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos). Co-edición con Agadic.
Para o xurado, Nas nubes é unha proposta clara e atractiva cara a unha posta en escena na que se mesture a intervención dos manipuladores dos monicreques cos propios personaxes. Ademais, remite a un rexistro teatral no que os obxectos cobran un gran valor, tanto na súa dimensión plástica como simbólica, integrando temáticas como a obsolescencia programada ou a dixitalización da conduta humana.
*****
José Luis Baños de Cos con Nas nubes, propón unha situación futurista e distópica na que dous guías dun museo lle amosan a un público erudito obxectos da era predixital, cunha ambientación musical e estética inspirada na cultura xaponesa.