
- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Año de edición:
- 2013
- Materia
- Primeiros lectores, de 5 a 7 anos
- ISBN:
- 978-84-8464-697-6
- Páginas:
- 48
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Maremar
NICOMEDES O PELADO
PINTO & CHINTO
Nicomedes tiña unha fermosa cabeleira.
Pero, aos poucos, foi perdendo o pelo ata que quedou completamente calvo.
Entón puxo unha perruca.
E sucedeu que lle subiu un peiteador á cabeza... Nicomedes non atopa ningunha solución óptima para a súa prematura calvicie: a cada alternativa á frondosa cabeleira roxa que lucía, xorde un inesperado e molesto inconvinte, cada cal máis absurdo. De súpeto, comezan a subirlle á cabeza un peiteador, unha parella de bailaríns, unha avoa afeccionada á calceta... Pero afortunadamente antes de que acabe perdendo a paciencia - e o caletre -, ocórreselle unha idea moi práctica.
Nicomedes o pelado é unha historia breve e orixinal, humorística e surrealista. Podería tersaído de calquera dos anteriores libros de relatos de Pinto&Chinto, entre os que destaca Contos para nenos que dormen deseguida, seleccionado na lista The White Ravens 2011. Pero a insólita vivencia deste simpático calvo adquire entidade propia, cunhas ilustracións moi expresivas e cheas de colorido, para contarnos que case ningún problema - nin sequera a inevitable caída do pelo - é tan importante como para non atopar unha saída máis vantaxosa efacer dun relativo defecto unha gran virtude.