- Editorial:
- BAIA EDICIONS
- Año de edición:
- 2012
- Materia
- Lectores avezados, de 13 endiante
- ISBN:
- 978-84-9995-079-2
- Páginas:
- 334
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- MEIGA MOIRA
O ALENTO NAS COSTAS
CAROU FIGUEIRA, NATALIA / SILVAR, CALROS
A novela comeza cun soño estraño de Mireia, xornalista dunha revista esotérica de Madrid. O soño transcorre nunha aldea preto do lugar natal da protagonista, na Idade Media. Ela ten a sensación estraña de que o personaxe dos seus soños lle quere comunicar algo. Decide retornar á súa aldea dez anos despois de marchar, apremada por un problema de drogas, para facer unha reportaxe para a revista na que traballa.
Nas ruínas da aldea aparéceselle o espírito do protagonista dos seus soños, Xoel, un nobre da época medieval. A partir deste momento, relátanse paralelamente a historia de Xoel e a vivencia da xornalista despois do seu retorno á aldea: o reencontro coa irmá e mais a familia, por unha banda, e cos vellos compañeiros das drogas, por outra. Ambos os dous mundos quedan conectados a través dos soños e os misteriosos encontros entre Mireia e Xoel.