- Editorial:
- EVEREST GALICIA
- Año de edición:
- 2011
- ISBN:
- 978-84-403-1122-1
- Páginas:
- 48
- Encuadernación:
- Otros
- Colección:
- LER É VIVIR
O BOTÍN DA MISERIA
BRAXE, LINO
Os Dereitos de Autor desta obra están destinados integramente a "Tierra de hombres", fundación que ten como obxectivos prioritarios os seguintes:
-Desenvolver unha estratexia de intervención en saúde materno-infantil.
-Protexer a infancia coas medidas axeitadas que lles permitan aos nenos unha supervivencia e un desenvolvemento normal.
-Sensibilizar e Educar para o Desenvolvemento. "Stop Infancia sen Dereitos" pretende ofrecer unha visión completa sobre a situación e as dificultades da infancia no mundo.
O nome "Tierra de hombres", elixido polo seu fundador Edmond Kaiser está inspirado no libro "Terre des hommes" do escritor francés Antoine de Saint-Exupéry, autor tamén da obra "O principiño". O pensamento do autor na redacción do libro contrapón os excesos políticos e ideolóxicos da moderna sociedade industrial aos valores "eternos" do ser humano, que el cifraba principalmente no espírito de sacrificio, na xustiza, na amizade e no honor.
Lino Braxe ofrécenos nesta obra unha visión obxectiva e real do mundo no que vivimos caracterizado por fortes contrastes, que veñen marcados polo simple feito de nacer en lugares da terra diferentes.
"O botín da miseria", coma se dun espello de dúas caras se tratase, reflicte a "miseria" da infancia do Terceiro Mundo e o "botín" que envolve a do noso Primeiro Mundo.