- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Año de edición:
- 2006
- Materia
- Prelectores, de 0 a 5 anos
- ISBN:
- 978-84-8464-548-1
- Páginas:
- 32
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Os contos do trasno
O COELLIÑO BRANCO
BALLESTEROS, XOSÉ
Érase unha vez un coelliño branco. Un día foi buscar coles á horta para facer un caldiño.
Cando o coelliño volveu á casa, atopou a porta pechada e petou.
-Quén é? preguntou un vozarrón desde dentro
Na busca de axuda para reconquistar o seu fogar, ocupado pola terrible cabra cabraza, que se o colle o esmagaza, o coelliño branco levará varias sorpresas... Trátase dun texto-fórmula concebido tanto para ser lido como para ser contado, e que xoga de forma especial coa sonoridade e coa rima.
Tamén reivindica a amizade e a coraxe como proba de que a valentía non é cuestión de tamaños.
O coelliño branco é unha adaptación de Xosé Ballesteros a partir dun conto popular portugués,
con ilustracións de Óscar Villán, que por esta obra foi galardoado en 1999 co 1º Premio Nacional de Ilustración. O álbum foi incluído polo Banco do Libro de Venezuela no catálogo Os Mellores Libros para Nenos do ano 2000. Tamén se publicou na colección Makakiños, en colaboración coa Asociación BATA, adaptado ao sistema de pictogramas SPC para facilitarlles a lectura ás persoas con necesidades de apoio educativo