- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Año de edición:
- 2022
- Materia
- Manualidades para os pequenos
- ISBN:
- 978-84-1343-171-0
- Páginas:
- 44
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Maremar
O COMEDOR DA AVOA
HURTADO, PILAR
Ata non hai tanto tempo os xantares familiares
eran acontecementos importantes nos que
á memoria familiar se unía o desfrute de diferentes
manxares. O cambio da mesa dos nenos ao espazo
reservado aos adultos era unha circunstancia que,
dalgunha maneira, marcaba o paso á idade adulta.
O comedor da avoa trasládanos a eses instantes
e proponnos unha viaxe gastronómica polo mundo
a través dos seus olores e os seus sabores.
Un fermoso conto, cuxo apéndice final recolle
algúns dos pratos máis representativos de diferentes
países e culturas: linguado á meunière de Francia,
risotto de Italia, curry da India, ceviche mixto do Perú,
pad thai de Tailandia, enchiladas de México, fideuá
de España, mote con huesillos de Chile e ramen
do Xapón.