
- Editorial:
- CATROVENTOS EDITORA, S. COOP. GALEGA
- Año de edición:
- 2018
- ISBN:
- 978-84-945917-9-2
- Páginas:
- 134
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- < Xenérica >
O LIBRO DOS OCÉANOS
QUE AMEAZA O MAR?
GONSTALLA, ESTHER
Verteduras de petróleo, sobrepesca, illas de refugallos plásticos
Hai tempo que os nosos mares deixaron de ser fonte de saúde, alimento e benestar. Nas últimas décadas, a contaminación e o espolio dos océanos aumentaron de forma notable. Mais cal é o auténtico estado do meirande ecosistema da Terra? Malia levarmos vivindo dende sempre do mar e co mar, hoxe en día segue a ser un dos territorios máis descoñecidos do planeta. Esta falta de coñecemento podería converterse na ruína do océano e, en consecuencia, na ruína do ser humano.
Cun deseño atractivo e informativo, e textos ben documentados, co apoio científico da German Ocean Foundation, Esther Gonstalla crea neste libro un retrato detallado que nos permite comprender mellor as relacións que existen entre a actividade humana e os cambios que sofre o mar, un retrato que, alén de convidar á reflexión, se converte nun recurso para a acción.
Libro en tapa dura, tamaño A4.