- Editorial:
- BAIA EDICIONS
- Año de edición:
- 2011
- ISBN:
- 978-84-9995-009-9
- Páginas:
- 30
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- VARIOS
O MUNDO MÁXICO DE TOLKIEN
KLOCSKO, ÉDOUARD
Tes entre mans unha obra única no seu xénero. Ao pasar as páxinas, descubrirás un universo máxico e fabuloso, habitado por criaturas a cada cal máis abraiante. Achégate á Terra do Medio, un país extenso cheo de marabillas e de estrañas historias extraídas do maxín do excepcional narrador inglés J.R.R. Tolkien.
Has saber como o hobbit Smeagold se converteu na arrepiante criatura chamada Gollum, has ler as aventuras de Smaug, o dragón, e de Beorn o home-oso. Non agardes máis: percorre as páxinas desta obra e déixate prender pola maxia do mundo de Tolkien.
Que a luz dos elfos alume a túa lectura!