- Editorial:
- RETRANCA EDITORA, S.L.
- Año de edición:
- 2020
- ISBN:
- 978-84-122411-0-5
- Páginas:
- 101
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- < Xenérica >
O PACTO DO LETARGO. O TRÍSCELE ROUBADO
PRADO, MIGUELANXO
Os seres e os feitos marabillosos que escapan ás leis da Natureza e a Ciencia están presentes na maioría das crenzas e as relixións. E aparecen sempre agrupados en dúas castes antagónicas: bos e ruíns, anxos e demos, fadas e bruxas...
E o ser humano queda aí, no medio, loitando coa súa propia natureza ambivalente. Cando menos, así o contamos nós mesmos, os humanos. Pero, no fondo, nunca escoitamos a versión das outras partes...
E se o papel da humanidade nesta historia non fora o que ela mesma se atribúe? E se non foi tan inocente e pasivo como se pretende?
Este é o punto de partida para que Miguelanxo Prado nos faga preguntarnos sobre o fráxil equilibrio entre o home e a natureza.