- Editorial:
- EDICIÓNS EMBORA
- Año de edición:
- 2022
- ISBN:
- 978-84-17824-82-2
- Páginas:
- 164
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Narrativa
O SANGUE DOS CAMIÑOS
CARIDE OGANDO, RAMÓN
Unindo fondo e forma, cautivadora no argumental e no literio, O sangue dos camiños é un traballo de ourive. Unha novela que se segue a ler unha vez rematado o texto, e da que non resultan esaxeradas as louvanzas que lle ten adicado a crítica especializada (Tomás Rivera, KindleGarten)
A obra máis logrado do autor ourensán, na que enfronta ao home cos avances científicos, a busca dun mesmo na soidade máis absoluta e o camiño cara ao destino de cada un de nós, malia non sermos conscientes da forza e a indeterminación do azar (Isabel Mociño González)
O sangue dos camiños é unha novela chea de trama, de argumento, de verdadeira historia. Unha historia que nos fai reflexionar sobre o sentido das nosas vidas e as súas continxencias. Novela de estradas, de peregrinaxes, de fuxidas dun mesmo, de identidades cambiantes; tamén de pesadelos, alustres e frialdades. Con doses selectas de erotismo, de onirismo, de intres nos que o relato se convirte nun verdadeiro thriller psicolóxico. Novela á vez cosmopolita e enraizada na nosa terra, que, como tal, nos obriga a penetrar na verdadeira esencia do Camiño de Santiago. (Francisco Martínez Bouzas)