- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Año de edición:
- 2014
- Materia
- Lectores avezados, de 13 endiante
- ISBN:
- 978-84-9914-674-4
- Páginas:
- 176
- Encuadernación:
- Otros
- Colección:
- Milmanda
O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR
FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián? todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, ?na vida o único que queda é o amor?. E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable.