- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Año de edición:
- 2006
- ISBN:
- 978-84-9782-491-0
- Páginas:
- 216
- Encuadernación:
- Otros
- Colección:
- Clásicos
OBRA COMPLETA DE MARÍA MARIÑO
MARIÑO, MARÍA
O presente volume, Obra completa, recolle Palabra no tempo e Verba comeza, os dous títulos que conforman a obra poética coñecida ata agora de María Mariño, precedida dun estudo biobibliográfico de Victoria Sanjurjo Fernández.
María Mariño foi unha das máis singulares e persoais voces de toda a poesía galega de posguerra. Resulta especialmente sorprendente pola destrución que realiza da linguaxe, sobre todo no plano da sintaxe, a fin de lograr a máxima forza expresiva para a comunicación das súas vivencias máis íntimas, feito que levou a Uxío Novoneyra a cualificala como & #8220;dinamiteira da fala & #8221;. A súa orixinalísima poética está presidida por un intimismo radical, onde o desacougo xorde da propia conciencia da morte; os seus versos énchense, daquela dunha abraiante beleza interior: sombriza e preñada de tristura, que se combina cunha percepción especial da paisaxe como vivencia profundamente íntima. Estamos ante unha poeta radical e decididamente singular.