
- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Año de edición:
- 2015
- ISBN:
- 978-84-8464-940-3
- Páginas:
- 32
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Tras os montes
ONDE ESTÁ O POLIÑO DE ROSALÍA?
HUTCHINS, PAT
?Onde está o poliño de Rosalía?? é a segunda parte de ?O paseo de Rosalía?, un clásico de 1968 co que Pat Hutchins deuse
a coñecer como autora e ilustradora, destacando daquela
pola súa proposta de estética vangardista, con liñas sinxelas, cores de tons ácidos e alto contido visual. Partindo da plena vixencia desa obra, este novo relato mantén as cualidades narrativas e plásticas do seu precedente: frases breves
e encadeadas acompañadas de imaxes descritivas
que complementan graficamente o relato,
amosando dous niveis de lectura paralelos.
Así, por unha parte, Pat Hutchins fainos partícipes da incesante busca do poliño por parte dunha preocupada galiña Rosalía;
por outra, asistimos ás perigosas peripecias do poliño
-torpe e despistado- dando voltas por distintos escenarios
da granxa, mentres a nai anda á súa procura.