- Editorial:
- TECNICAS & GRAMAXE, S.L. - EDICIÓNS FERVENZA
- Año de edición:
- 2020
- ISBN:
- 978-84-18136-10-8
- Páginas:
- 142
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- A Pinguela
OS ASESORES
FRANCO, MARIO
Obra de teatro para ler e representar.
Eran aqueles os anos do ferro e do lume. A tolería dos homes desatara unha nova guerra máis terrible e horrenda que todas as anteriores. Pelexaban con saña e furor cego en todos os campos do mundo. O odio, a soberbia e o afán de dominio apoderárase das súas mentes, arrastrándoos ao feroz asasinato que, inultimente, trataban de xustificar co patriotismo, a liberdade e a razón.
Mais, aquilo só era o principio. Era, en verdade, unha época de escuridade e miseria, pero os males do Mundo apenas tiñan comezado. Unha conspiración maligna estábase forxando naquela escuridade. Era a Soberbia a súa principal forxadora axudada polo Odio xa introducidos na mente e no corazón dos homes, simples monicreques nas súas poderosas poutas.