
- Editorial:
- ALVARELLOS EDITORA, S.L.
- Año de edición:
- 2020
- ISBN:
- 978-84-16460-76-2
- Páginas:
- 68
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
OS EXILIOS QUE SOMOS
FOTOPOEMAS
TOMÉ, IRENE / RON, XABIER
Versos e imaxes que loitan contra o esquecemento imposto, contra os silencios herdados. Poemas e fotografías que evocan unha memoria persoal que é tamén común a centos, a miles de familias galegas e españolas que viviron a lousa da guerra civil e da ditadura.
Versos mancados, espazos en branco e síncopes como atrancos da memoria. Canda eles, imaxes que buscan ocos de luz entre densas brumas; retratos de fendas, depósitos de cinsas... Mais tamén, fronte a todo, os rostros da dignidade e da resistencia.
É a historia que turra de nós, que porfía, por non estar resolta aínda.
Somos Xabier Ron Fernández (Lyon, 1969) e Irene Tomé Urresti (A Coruña, 1985), docente e xornalista que compartimos o mesmo ollar sobre a memoria histórica e democrática do noso país. Por medio de fotografías, que se foron facendo durante os últimos quince anos, acompañadas de poemas, queríamos dar voz, dentro da súa dificultade, á memoria das persoas que viviron a guerra ou o exilio dende unha experiencia persoal, que soe ir da man de silencios e esquecemento; aínda que tamén de resistencia e de experiencias propias que dan lugar a reflexións compartidas. Este é o xerme do presente fotopoemario.