- Editorial:
- OQO EDITORA
- Año de edición:
- 2016
- Materia
- Lectores iniciais, de 7 a 9 anos
- ISBN:
- 978-84-9871-534-7
- Páginas:
- 40
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Colección Q
OS LÁPICES PRIMOS
RAMÍREZ LOZANO, JOSÉ A.
Os lapis nin o imaxinan.
Non saben que teñen primos
nin parentes de raíz.
Descubrimos que eles son
algúns sobriños do xiz
e outros netos do tizón.
Xa sabemos que para escribir podemos utilizar lapis, bolígrafos, plumas, rotuladores, xiz... mais, que pasaría se
tentásemos facelo cos primos dos lapis? Quen veñen sendo?
Para descubrilo, na súa primeira colaboración con OQO editora, o autor José Antonio Ramírez Lozano
mergúllanos nun mundo de fantasía no que xoga a experimentar con novas formas de escritura. Argumenta que:
... a linguaxe, na súa xenerosidade, admite conexións e espazos que non se reducen ao mundo rutineiro no que
nos desenvolvemos. Desta maneira, páxina tras páxina, o lector sorprenderase coas diferentes oportunidades que
lle brindan os diversos utensilios propostos polo autor.
Coma se dun xogo se tratase, coñecerá a cor, o cheiro de certas palabras e mesmo ata cal é a perruquería onde
van. Con paciencia, aprenderá a escribir cunha cana de pescar ou enfiará historias escritas cunha agulla. Dando
renda solta á súa imaxinación, o lector mergullarase nun mundo libre, aberto a calquera posibilidade.
A proposta plástica de Natalie Pudalov non deixará indiferente ao lector. Desde a cuberta, convídanos a percorrer
unha e outra vez coa nosa mirada as páxinas do libro á procura de múltiples detalles que espertarán a nosa
curiosidade e potenciarán a nosa creatividade. Fermosas imaxes, repletas de cor, que xogan coas palabras e
destilan liberdade e poesía.
Un álbum no que texto e imaxes se complementan e se alían para amosar, desde un punto de vista que quizais
nunca tiñamos contemplado, as infinitas posibilidades da escritura.
Como ben di o seu autor: Os lapis primos reivindican o virtuosismo da imaxinación e a liberdade das palabras
para tecer o soño da auténtica poesía.