- Editorial:
- EVEREST GALICIA
- Año de edición:
- 2012
- ISBN:
- 978-84-403-1187-0
- Páginas:
- 36
- Encuadernación:
- Otros
- Colección:
- LER É VIVIR
OS POEMAS DO RÍO
CORRAL, CRISTINA
Esta peza teatral, escrita en verso, fala da xornada na aula dunha mestra. A profesora le co alumnado poemas que van compoñendo os rapaces e que lle van dando forma á historia dunha fraga de animais que tamén recitan.
Todos prestan especial atención á lectura de versos das poetas galegas (María Mariño, Rosalía de Castro, Francisca Herrera, Pura Vázquez e Filomena Dato) que acompañan a historia que se vai creando entre todos.
Con esta obra pretendemos conseguir que tanto os rapaces coma os adultos se animen a escribir poesía, a poñela en común e a ler as autoras galegas.
Os poemas do río non só lle permiten ao profesorado traballar a poesía na aula e relacionala co teatro senón tamén a súa representación.