- Editorial:
- RINOCERONTE EDITORA
- Año de edición:
- 2013
- ISBN:
- 978-84-92866-48-9
- Páginas:
- 286
- Colección:
- < Xenérica >
PALESTINA
SACCO, JOE
A finais de 1991 e principios de 1992, Joe Sacco pasou dous meses entre os palestinos nos territorios ocupados, viaxando e tomando notas. Cando volveu aos Estados Unidos, a mediados de 1992, empezou a escribir e debuxar Palestina, que combinaba a técnica da reportaxe en primeira persoa coa narrativa da novela ilustrada para explorar esta situación complexa e opresiva. A serie de nove cómics gañou o American Book Award de 1996 e foi todo un éxito na súa colección orixinal de dous volumes. Palestina foi por fin publicado en formato dun só volume, cun novo prólogo da man de Edward W. Said.