- Editorial:
- EDICIÓNS BARBANTESA
- Año de edición:
- 2009
- ISBN:
- 978-84-937330-0-1
- Páginas:
- 96
- Encuadernación:
- Otros
- Colección:
- < Xenérica >
PAN PRÓS COCODRILOS
SOLLA, CALROS
Poemas zurrichados, zarrapicados polo papel para que ningún galego naza sen lingua, para cantar o pai que foi libre na terra labrada, para ceibar todo o que non pode vivir escravizado, bombardeado ou violado: o idioma, pero tamén as denosiñas, o amor, o mar batendo na praia.
Cunha ironía que xa é marca da casa, o autor que enviou a súa liñaxe a bordo dunha balsa estelar en Cerdedo in the Voyager I volve dirixir a punta do seus versos cara á moral dos opresores e contra os que trafican co opio da relixión. Máis que queixarse, este novo libro de Calros Solla protesta, xura e resiste. A súa rebelión palia a fame e quítalles as armas das mans aos nenos para pór nelas unha boa cunha de colacao.
Calros Solla (Pontevedra, 1971) é profesor de lingua, pescudador etnográfico e escritor. Aínda que nado na cidade do Lérez, Calros Solla fixo de Cerdedo, lar dos seus devanceiros, o seu hábitat e a el consagrou boa parte do seu tempo e da súa obra. Autor dos poemarios Xábregho (1999), Mel de arañas (2000) e Terras raras (2001), todos tres recollidos na antoloxía Ras e tritongos (2003), publicou así mesmo Cerdedo in the Voyager I (2004), Libro de reclamacións (2005) e reGaliza e outras chuches (2008). No eido ensaístico publicou diversos libros, principalmente estudos etnográficos sobre a Terra de Montes.