
- Editorial:
- CATROVENTOS EDITORA, S. COOP. GALEGA
- Año de edición:
- 2022
- ISBN:
- 978-84-124635-4-5
- Páginas:
- 84
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
PODAS E ENXERTOS
UNHA GUÍA PRÁCTICA
ESTÉVEZ PARADA, ROSENDO LUÍS
Como podo a maceira? Que é mellor apra enxertar unha pereira: xema ou puga? E podo facelo sobre un pexegueiro? Cando debo podar o castiñeiro? Fuxindo de tecnicismos e dunha exhaustividade innecesaria, allea á realidade do campo galego, Podas e enxertos. Unha guía práctica presenta de forma didáctica e moi visual, con ilustracións e fotos, como realizar podas e enxertos en froiteiras, árbores de aproveitamento forestal e plantas ornamentais, alén doutras técnicas (incisións, anelados e arqueamentos) e unha explicación das ferramentas necesarias.
Velaquí un manual que anima a saír á horta, ao xardín, e a practicar, mellorar e contrastar experiencias, escrito por Rosendo Estévez, experto en agricultura ecolóxica, docente de numerosos obradoiros por toda a xeografái galega e de Agricultura Sustentable e Xardíns nas serie de divulgación da TVG Polo Rego. A universidade do campo.