- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Año de edición:
- 2022
- Materia
- Lectores avezados, de 13 endiante
- ISBN:
- 978-84-1110-142-4
- Páginas:
- 224
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Fora de Xogo
QUE ME PARE O CORAZÓN SE TE ESQUEZO
MACEIRAS, ANDREA
Blue Shiva é a deusa das redes sociais. Na súa popular canle aparecen os retos virais máis arriscados. Pero tamén é unha deusa fráxil. A noite en que decide camiñar polo bordo dun edificio de dez andares, só desexa que a chuvia deteña a súa ousadía. Porén, Nordestal é unha cidade ventosa, e Blue Shiva precipítase ao seu propio abismo.
Axiña as redes sociais difunden a nova da súa morte. Do outro lado da pantalla, Ada, que non pode crer que Blue Shiva xa non exista, pídelle axuda á súa irmá xemelga, Lúa, e convértea en cómplice involuntaria. Pola súa banda, Gabriel regresa a Nordestal guiado polos latexos do seu corazón.
Narrada a dúas voces, Que me pare o corazón se te esquezo é unha historia sobre ese mar que nos axita por dentro e sobre aquel que se abre alén das nosas pantallas, tinguido pola peor sombra e, ao tempo, capaz da maior luz.