- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Año de edición:
- 2024
- ISBN:
- 978-84-1343-325-7
- Páginas:
- 336
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Biblioteca de Pedagoxía
REALIDADES E HORIZONTES DA EDUCACIÓN EN GALICIA
AUTORES VARIOS
Realidades e horizontes da educación en Galicia quere ofrecer unha mirada panorámica sobre cuestións fundamentais do desenvolvemento educativo en Galicia. Cuestións abordadas, porén, con algunha profundidade e de xeito especializado. Quere ser tamén unha homenaxe á traxectoria docente e investigadora do profesor Antón Costa Rico, quen ao longo de máis de catro décadas asumiu un relevante papel na docencia universitaria e na xestión institucional: a presidencia de Nova Escola Galega (NEG), a dirección do Instituto de Ciencias da Educación da USC, o decanato da Facultade de Ciencias da Educación (USC), a presidencia da Sociedad Española de Historia de la Educación (SEDHE) ou, máis recentemente, a dirección da colección Biblioteca de Pedagoxía de Kalandraka Editora.
Sempre atento ás obrigas contraídas cos estudantes e colegas, estendeu o seu maxisterio a diferentes áreas, entre as que cabe destacar a das políticas educativas, a metodoloxía historiográfica ou o coñecemento dos clásicos e modernos do pensamento pedagóxico, contribuíndo a tecer redes que deron pulo á renovación educativa, ao coidado e protección do patrimonio educativo e ao cultivo da lingua galega.
Neste libro-homenaxe proxéctanse os testemuños reconvertidos en temas, reflexións e propostas dun amplo e diversificado conxunto de docentes, investigadores e especialistas con traxectorias diversas, representativas de distintas sensibilidades e pareceres, que dun xeito ou doutro mantiveron ou manteñen relacións de amizade e aprecio con Antón Costa.