
- Editorial:
- CONSELLO DA CULTURA GALEGA
- Año de edición:
- 2025
- ISBN:
- 978-84-17802-70-7
- Páginas:
- 252
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
RECUPEREMOS AS MANS. EVIDENCIAS
QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
Esta edición conmemorativa de Recuperemos as mans (1980) e Evidencias (1989) quere rescatar, poñer en valor e difundir dúas contribucións imprescindíbeis de María Xosé Queizán como pensadora galega ao debate feminista. O seu primeiro libro de ensaios titúlao A muller en Galicia(1977). Nel revisa o papel das mulleres na antropoloxía e na teoría marxista desde un marco teórico formado polo feminismo materialista, o pensamento poscolonial e o nacionalismo, e, sobre todo, estabelece un paralelismo entre a situación da nación e da lingua galegas e a da muller. Mais, nos anos seguintes, prodúcese na escritora un xiro cara ao feminismo independente, sen dúbida como consecuencia
dos intensos avances que están sucedendo no movemento organizado, tanto en Galicia como no Estado español, e nos que Queizán participa. Boa mostra desa etapa son os títulos que reeditamos. Neles compróbase que gran parte das cuestións que constitúen preocupacións aínda no noso presente aparecían xa naquel momento: diferenza sexual, familia, participación na esfera pública, violencia contra as mulleres, lesbianismo, poder, valor, lingua, corpo e desexo, amor, escrita das mulleres... Esta edición conmemorativa publícase con motivo do aniversario de
María Xosé Queizán. O agasallo non é só recuperarmos eses libros, senón adentrármonos na súa lectura: na lectura de dous clásicos do pensamento feminista galego.