
- Editorial:
- ALVARELLOS EDITORA, S.L.
- Año de edición:
- 2022
- ISBN:
- 978-84-18567-19-3
- Páginas:
- 70
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Libros do Sarela [creación]
RETORNO SEN VOLTA
LASTRA, XOSÉ
'Retorno sen volta' é o primeiro libro de poemas dun autor e docente que posúe unha longa traxectoria na defensa da lingua: Xosé Lastra Muruais (A Pontenova, 1952). O escritor logrou con esta obra, en 2021, o Premio de Poesía do Certame Literario de Vilalba, na súa edición número 47. Trinta e tres poemas onde o autor reflexiona
sobre o paso fuxidío do tempo e o desexo dun retorno imposible. Sobre a soidade, a dor da perda, mais tamén sobre a paixón amorosa e o desacougo. A poeta Rosalía Fernández Rial afirma no limiar: «Ao anainar este libro entre as mans, lectora, lector, completarás con catarse os ocos do teu baleiro, porque só se pode seguir camiño combatendo a dor con cantos. Sexamos, pois, cómplices dos pequenos himnos cotiáns, tribo verbal, rebeldía fronte á devastación». O libro está ilustrado por Leandro Lamas (Narón, 1973).