
- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Año de edición:
- 2012
- Materia
- Primeiros lectores, de 5 a 7 anos
- ISBN:
- 978-84-8464-799-7
- Páginas:
- 40
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Tras os montes
ROSA CARAMELO
TURÍN, ADELA
Neniñas dicíanlles os papás , se non comedes
todas as anémonas, se non rematades as peonias,
nunca chegaredes a ser tan bonitas e rosadas
coma as vosas mamás, e nunca teredes os ollos brillantes, e ninguén vai querer casar convosco cando sexades grandes...
Nos anos 70 Adela Turín comezou a publicar en Italia
a colección «Dalla parte delle bambine», que pouco despois editou Esther Tusquets en España co título «A favor de las niñas». Traducida a varias linguas, converteuse nun referente para a coeducación e a igualdade. Rosa caramelo é un ha das obras máis emblemáticas desta serie tan vixente e necesaria.
Margarida e outras pequenas elefantas viven ailladas nun xardín de anémonas e peonias; o alimento para conseguiren un aspecto físico caracterizado pola cor rosa caramelo da súa pel, que reforzan lucindo zapatos, lazos escolares do mesmo ton. Todas cumpren as expectativas dos seus pais e nais agás ela, que sofre os reproches dos seus proxenitores ata que estes desisten de que sexa coma as demais. Baixo esta historia fabulada subxacen cuestións como un superficial culto á imaxe, ou a crítica a unha sociedad e que predestina o futuro dos seus individuos
e clasifícaos en función do seu xénero. Pero sobre todo, é un canto á liberdade, aderezado coas ilustracións de Nella Bosnia, que potencian a mensaxe do texto a base de figuras realistas e cores vivas.
Un relato - como en Artur e Clementina, A historia dos bonobos con lentes e Unha feliz catástrofe -
para pór en valor o rol feminino, erradicar os estereotipos sexistas e a discriminación, para cambiar mentalidades e construír un mundo mellor.