- Editorial:
- ALVARELLOS EDITORA, S.L.
- Año de edición:
- 2016
- ISBN:
- 978-84-16460-08-3
- Páginas:
- 114
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Libros do Sarela [creación]
ROSA TÁNTRICA
LUZ POZO GARZA
Un libro de poemas enormemente rico e misterioso, complexo e trascendente. Luz Pozo Garza (Ribadeo-Lugo, 1922) regresa á poesía en lingua galega con esta Rosa tántrica, un singularísimo microcosmos onde a veterana escritora establece un diálogo con Jorge Luis Borges a partir do relato La rosa de Paracelso, no que o escritor arxentino narra a historia do mago alquimista e do seu incrédulo discípulo. Borges afonda, nesa narración, na orixe da creación como algo trascendente. Sobre esta base constrúe Luz, libre, a súa Rosa tántrica. O libro, no que traballou a autora durante dez anos, consta de 63 poemas, estruturados en dúas partes ou Libros e trece capítulos. Nel, Luz Pozo sumérxenos nun peculiar universo poético onde, en ocasións, a puntuación xoga cos lectores, e a lingua galega atrae como imán termos e xiros do sánscrito, latín, inglés e castelán.
A simboloxía budista e o tantra asoman a cada paso como tamén os enigmáticos tigres de Borges ou a aparición de filósofos como Carl Jung, aquel sabio que entendía el alma.
Pídenos Luz, desde a súa altura vital, que, como ela, nos enfrentemos á idea de eternidade a través da palabra e da creación.