- Editorial:
- BAIA EDICIONS
- Año de edición:
- 2023
- Materia
- Lectores avanzados, de 9 a 13 anos
- ISBN:
- 978-84-9995-435-6
- Páginas:
- 56
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- MEIGA MOIRA
SIBILA E A MONSTRUOSA FESTA DO SAMAÍN
LADO, MARTA
Como viven as familias vampiras? Que senten, como se relacionan entre elas e cos humanos, cales son as súas preocupacións, medos e anceios? Que monstros herdamos do ideario popular?
Disto e moito máis trata a divertida historia de Sibila e a monstruosa festa do Samaín, que narra a visita dos parentes de Sibila ao cemiterio familiar da aldea para pasar tan sinalada celebración, momento que aproveita a nena vampira para facer trasnadas que atemorizan a súa nai.
***
Sibila e a monstruosa festa do Samaín é unha historia sobre os medos. Nace, por unha banda, do pánico dunha nai a transmitirlle á súa filla os medos herdados e, pola outra, vén da reflexión sobre a necesidade do medo nas crianzas como mecanismo de protección e de formación da propia personalidade. É, tamén, unha historia dos monstros do ideario popular tradicional cun chisco de humor.