- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Año de edición:
- 2022
- ISBN:
- 978-84-9151-847-1
- Páginas:
- 218
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
SONORIDADE DAS AURAS. POESÍA REUNIDA
GARCÍA BARROS, MANUEL
Manuel García Barros adoita ser cualificado como narrador e xornalista, o que contribuíu a un fondo descoñecemento do seu espazo poético, aínda que o verso foi anterior ao seu longo percorrer narrativo e periodístico.
Na súa lírica, inédita ou espallada en xornais e revistas da época, descubrimos pezas moi rítmicas, con omnipresencia da natureza, un verdadeiro hilozoísmo, e cunha variada galería de temáticas que van das composicións de circunstancias e festivas, ata as amorosas, sobre a morte, a identificación coa Terra e a loita pola dignidade dos labregos, sen esquecer o seu lado com-
bativo contra o caciquismo e as diferenzas sociais.
Unha recompilación que permite, a quen ao autor de Berres se queira achegar, ter unha visión de conxunto da súa obra poética. Un elo, máis que necesario, para que García Barros pase a ocupar o lugar reservado para a súa obra e a súa figura nas letras galegas.