
- Editorial:
- EDITORIAL LAIOVENTO, S.L.
- Año de edición:
- 2022
- ISBN:
- 978-84-8487-565-9
- Páginas:
- 238
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Candemaia
SOÑOS NO LIMIAR
MERNISSI, FATEMA
Soños no limiar de Fatema Mernissi (1940-2015) foi a súa única novela, onde narra unha falsa autobiografía sobre a súa infancia nun harén en Fez nos anos 40. A ollada tenra dunha nena que ve o mundo que a rodea e non entende, a visión do masculino e o feminino, os soños e esperanzas arrolados polos contos de Scheherezade e as princesas dos Contos das mil e unha noites.
Polo medio de historias cóntanos que é un harén ou onde están os límites da hudud, vainos facendo pensar e sentir desde unha físgoa moi estreita un mundo moi amplo como é o árabe desa época. Un relato cheo de tenrura, nostalxia, espectáculos, bailes, comidas, sabores, sons, porque as palabras son o verdadeiro camiño á liberdade.