- Editorial:
- BAIA EDICIONS
- Año de edición:
- 2022
- ISBN:
- 978-84-9995-385-4
- Páginas:
- 266
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Narrativa
TRES EN RAIA
MARTÍNEZ OCA, XOSÉ MANUEL
Tres en raia é a metáfora que tres mozos ourensáns utilizan para selar unha amizade que se propoñen perpetuar no futuro.
A enfermidade de Guillerme propicia, despois de décadas de separación, o reencontro con Antonio e Gabriel e o punto de partida para coñecermos a historia da súa amizade nun Ourense, convertido aos nosos ollos, máis que nun mero espazo físico onde dan os seus primeiros pasos iniciáticos para a vida adulta, nun auténtico personaxe que evoluciona e se deteriora (coma eles), até o momento da súa separación definitiva a raíz do falecemento inesperado en Compostela de María, auténtico punto de unión (o taboleiro do xogo) dos tres amigos.
É o relato dun tempo feliz en Ourense, de aprendizaxe á vida, de lecturas en común que permanecen no seu recordo e que co tempo se relacionan cos seus particulares devires existenciais. Tamén un relato dunha evolución vital na que a insatisfacción, marcada por unha culpa que, como un crime, non chegan a esquecer nin a resolver, vai ser o resultado das súas particulares condenas.