- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Año de edición:
- 2018
- Materia
- Álbums ilustrados
- ISBN:
- 978-84-8464-393-7
- Páginas:
- 20
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Acartonados
UN DOUS TRES, VAMPIRO TI ES
BUDDE, NADIA
Despois do premiado Un dous tres, que ves?,
esta nova proposta segue apostando pola dimensión lúdica do libro e da lectura, co tándem texto-ilustracións como fórmula para recoñecer palabras e imaxes a través da rima e do ritmo.
Este libro presenta un esquema baseado na repetición
e o xogo encadeado de personaxes extraños e desgarbados en diferentes situacións e actitudes. Nesta ocasión, a galería de figuras que se asoman a estas páxinas destaca polo seu aspecto aparentemente inquedante: vampiros, pantasmas, monstros e esqueletos súmanse a animais a primeira vista desagradables, perigosos ou asociados á mala sorte como arañas, carrachos, serpes, tiburóns, crocodilos, gatos negros ou morcegos.
Con todo, proxectan unha ollada tenra, afectuosa e burleira que nos atrapa e fainos sorrir.