- Editorial:
- ENSENADA DE EZARO EDICIONES
- Año de edición:
- 2017
- ISBN:
- 978-84-946731-2-2
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Ézaro >
UN GALEGO EN IRLANDA
A GALICIAN IN IRELAND
Un galego en Irlanda é unha compilación das crónicas publicadas en El Pueblo Gallego que Plácido Castro escribiu durante unha viaxe ás Illas Blasket, situadas no occidente de Irlanda, en 1928.O corcubionés emprende a súa viaxe cun erudito do British Museum. Parten desde Dublín e percorren Irlanda ata chegar á aldea de Dunquin. Pouco a pouco, Castro vai introducíndose na convivencia cos illeiros do arquipélago, unha comunidade que fala esencialmente gaélico, rexida por un rei, que ostenta o poder local, e na que tamén hai un poeta, o home máis importante da illa.
As crónicas están cheas de lirismo e anécdotas nas que pretende reflectir as semellanzas e diferenzas entre Galicia e Irlanda. Unhas pezas de gran trascendencia poética, filosófica, antropolóxica, paisaxística e cultural, relatadas polos ollos dun Plácido que xa mostraba unha gran sagacidade observadora e unha curiosidade comprometida con apenas 26 anos.