- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Año de edición:
- 2023
- Materia
- Lectores avezados, de 13 endiante
- ISBN:
- 978-84-1343-195-6
- Páginas:
- 160
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Tiramillas
UNHA VOLTA AO MUNDO
SARRIONANDIA, JOSEBA
Unha nena pídelle á súa avoa, profesora de Historia a piques
de xubilarse, que lle relate «unha historia de verdade». E así, a avoa
comeza a narrar a historia da volta ao mundo que no século xvi realizaron
Magalhães e Elcano. As preguntas e observacións da nena converterán
a crónica da antiga travesía nun motivo para explicar, con tenrura
e humor, outras moitas historias reais sobre este estraño planeta
no que vivimos.
A través do diálogo, Unha volta ao mundo ofrece respostas e
sobre todo preguntas para tratar de entender temas tan complexos
como as relacións de poder, as diferenzas culturais, a desigualdade,
a memoria histórica, o racismo, o machismo ou a globalización.
As ilustracións de Arístides Hernández completan este libro do que
poden gozar lectoras e lectores a partir de once anos.