- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Año de edición:
- 2010
- ISBN:
- 978-84-9914-105-3
- Páginas:
- 320
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Universitaria
UXÍO NOVONEYRA. REVISITADO
GARCÍA, XOSÉ LOIS
Uxío Novoneyra. Revisitado constitúe un testemuño excepcional sobre a vida, a obra e o pensamento de Uxío Novoneyra escrito por un dos que foron os seus mellores amigos e un dos máis destacados especialistas na súa obra: Xosé Lois García.
Desde unha ollada privilexiada arredor do poeta do Courel e o seu contexto, o autor vai pasando revista á concepción do universo poético de Novoneyra, ás correntes que máis influíron nela, aos seus encontros e amizade co poeta, á paixón deste polo gravado,á súa época en Madrid, á etapa como presidente da AELG, á súa consideración da lingua galega, á súa formación ideolóxica, ao compromiso, á súa posición de vangarda na creación...En definitiva, este libro proporciónanos unha visión rigorosa, científica e ao tempo próxima e profundamente humana sobre un dos poetas claves da literatura galega do século XX.